"Aos mariñeiros de Galicia"
|
|
 |
 |
|
|
|
 |
| |
|
Unhas imaxes espectaculares suxiren que o planeta Marte foi o bastante cálido fai tres mil millóns de anos como para posuír lagos, un período que previamente se pensaba que era demasiado frío e árido para permitir auga na superficie.
|
|
|
 O autor principal do estudo é Nicholas Warner, do Departamento de Ciencias e Enxeñaría da Terra no Imperial College de Londres.
A investigación, realizada por un equipo desa universidade e do University College de Londres, suxire que durante a Era Hesperiana, fai aproximadamente tres mil millóns de anos, Marte tiña lagos orixinados pola fusión de xeo, cada un cuns 20 quilómetros de extremo a extremo, en varias zonas do ecuador.
Investigacións anteriores suxeriran que o planeta Marte era cálido e húmido nos seus inicios, pero que fai uns 3.800 ó 4.000 millóns de anos, antes da Era Hesperiana, o planeta perdeu a maior parte da súa atmosfera e tornouse frío e seco. Neste novo estudo, os investigadores analizaron imaxes detalladas captadas polo MRO da NASA, satélite que actualmente está en órbita ao planeta vermello, e chegaron á conclusión de que tempo despois Marte experimentou períodos cálidos e húmidos.
Nas imaxes, os investigadores analizaron varias depresións localizadas encima do Ares Vallis, que é un desfiladeiro xigante que se estende 2.000 quilómetros a través do ecuador marciano.
Durante ese período puido darse unha maior actividade volcánica, impactos notables de meteoritos ou cambios na órbita de Marte, que quentaron a atmosfera marciana o suficiente para fundir os xeos. Isto debeu crear gases que temporalmente lle deron maior espesor á atmosfera, atrapando máis luz solar e permitindo unha contorna apta para manter a auga en estado líquido.
O novo estudo será de utilidade para os astrobiólogos que están a buscar evidencias de vida en Marte. As concas de lagos atopadas sinalan rexións do planeta que puideron ser hábitats potenciais para a existencia de vida microbiana. Estas áreas perfílanse como obxectivos de máximo interese para as misións robóticas futuras a Marte.
O próximo paso consistirá en proseguir a liña de estudo aberta por este equipo de especialistas, pasando a investigar outras áreas situadas ao longo do ecuador de Marte para poder determinar canto terreo abarcaban durante a Era Hesperiana os lagos da clase descrita.
Si desea ampliar esta información visite Imperial College London:
http://www3.imperial.ac.uk/newsandeventspggrp/
imperialcollege/newssummary/
news_4-1-2010-11-24-24?newsid=79861
Suscríbete a las noticias del Mar y la Pesca en tu entorno:
Suscríbete a las noticias de Galicia en tu entorno:
Buscar más temas relacionados en el buscador de Xornal Galicia
|
Xornal Galicia | Diario Dixital de Galicia | Toda la Información noticias y Actualidad las 24 horas Grupo Indice de Comunicación con presencia en más de 40 paises y 24 idiomas, Noticias, actualidad, directorios, buscadores, entretenimiento todo lo que necesitas de la red Recordar este sitio · · Galicia Hoy · · Última Hora · · Concellos de Galicia
Enviar esta noticia a:
 ¿ Que e esto ?
¿ Titulares ?
Del Mundo
Noticias directas en tu Web o en tu Móvil
|
|
|
| |
 |
| |
| |
Os mesmos que mandaron a Fraga para Madrid, darán un "batacazo" ao goberno de Feijóo co próximo fracaso electoral en Galicia..
A mensaxe do pobo galego é claro. Todos os galegos temos que estar ao mesmo, superar a corrupción, amiguismos e ditaduras napoleónicas. Os lectores de Xornal Galicia sinalaron que é necesario que Núñez Feijóo teña unha visión de conxunto e unha especial sensibilidade política coas demandas cidadás. É necesario ese novo cambio dentro da Xunta de Galicia e unha maior fortaleza na xestión que xa entra, na costa das próximas eleccións, que sevirán para demostrar o primeiro "batacazo" da Xunta do PP. Os candidatos máis claros a ser relevados para darlle un aire de frescura á Xunta de Galicia, son os Secretarios Xerales, Alfonso Cabaleiro e Francisco José Vidal-Pardo y Pardo da Consellería do Mar, así como a propia Conselleira Rosa Quintana polo seu labor nefasto á fronte dos seus departamentos. Han e estan recibido moitas críticas durante o que levamos da etapa popular cos seus sectores en contra da súa propia xestión, folgas, manifestacións, Ers,s e un longo etc...Leer más [+] » Ver más información sobre la Consellería do Mar
|
|
|