"Aos mariñeiros de Galicia"
|
| | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | |
| 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | | 29 | 30 | 31 |
|
|
 |
 |
|
|
|
 |
| |
|
A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira preguntoulle a Conselleira do Mar porque necesita cambiar de coche, as agochadas, cando ten 17 magníficos coches esperando que os rentabilicen?
|
|
|
 Reclamou unha Política Pesqueira Común que garanta unha explotación dos recursos en condicións económicas, medio ambientais e sociais sostibles, con sistemas de xestión que permitan a planificación eficaz das pesqueiras por parte dos profesionais, que clarifique, simplifique e de maior protagonismo as organizacións rexionais para acadar maior eficiencia e mais dinamismo nas tomas de decisión, entre outras medidas.
A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira, reclamou hoxe, no Pleno da Cámara Autonómica e trala comparecencia da Conselleira do Mar para informar sobre a proposta de Galicia para a reforma da Política Común Pesqueira. Soneira acusou á Xunta de Feijoo de renunciar a defender os intereses da pesca galega en favor da rexión de Murcia, a pesar de presidir o grupo de traballo das rexións do arco atlántico posto en marcha polo anterior goberno no seo do Comité das Rexións.
Reclamoulle a Conselleira que compareza na Cámara tamén para explicar que medidas pensa adoptar para poñer en practica para axudar aos traballadores do mar, sobre todo os da flota artesanal e de baixura. Ou para explicar porque se gasta 45 millóns de euros en desguazar barcos de 12 anos e semellantes e deixa que barcos que teñen mais de 40 anos se sigan utilizando na pesca porque denega as axudas a desguace para eses, prefire primar o destrozo da flota grande aínda que nova.
Soneira tamén aludiu na súa intervención á polémica da compra do coche da Conselleira do Mar. E preguntoulle porque necesita cambiar de coche, as agochadas, cando ten 17 magníficos coches esperando que os rentabilicen?.
Xa mais polo miúdo citou as medidas do Grupo Parlamentario Socialista respecto da Política Pesqueira Común;
1.- Política Pesqueira Común que garanta unha explotación dos recursos en condicións económicas, medio ambientais e sociais sostibles.
2.- PPC que garanta sistemas de xestión que permitan a planificación eficaz das pesqueiras por parte dos profesionais.
3.- PPC que garanta sistemas plurianuais de xestión que se aparte do sistema de TAC,s e cuotas anuais e que se derive cara un novo modelo baseado no esforzo pesqueiro.
4.- PPC que garanta niveis de esixencia e de control das importacións de terceiros países, para que teñamos a certeza de que o peixe e o marisco procedente de terceiros países se obtén co mesmo nivel de esixencia que nos mares da UE.
5.- PPC que clarifique, simplifique e de maior protagonismo as organizacións rexionais para acadar maior eficiencia e mais dinamismo nas tomas de decisión.
6.- PPC que teña en conta o esforzo de adaptación de flota feito por Galicia con respecto a outras rexións e Estados Membros.
7.- PPC que impulse e recoñeza o papel fundamental que a flota artesanal e de baixura ten na nosa comunidade autónoma, e a súa importancia económica e social.
8.- PPC que recoñece e valore o marisqueo a pe como unha parte fundamental do tecido social e económico das comunidades pesqueiro dependentes e a importancia relativa no emprego feminino., acordate que vamos a pedir, queira ela ou non que as mariscadoras teñan o mesmo trato no FEP que os pescadores
9.- PPC que siga apostando polos acordos pesqueiros internacionais, tanto institucionais como privados.
10.- PPC que aposte por unha industria pesqueira e transformadora sostible económica, social e medioambientalmente, polo que é preciso establecer mecanismos de control e fiscalización de prácticas alleas a estes principios en terceiros países que comercializan os seus produtos na UE.
11.-PPC que aposte sen complexos e con ambición pola acuicultura sostible e compatible coa preservación dos valores mediambientais.
12.- PPC que invista na comercialización e na trazabilidade das producións pesqueiras europeas.
13.- PPC que, sobre todo, debe garantir o mantemento e creación de emprego e riqueza nas comunidades pesqueiro dependentes.
Suscríbete a las noticias del Mar y la Pesca en tu entorno:
Suscríbete a las noticias de Galicia en tu entorno:
Buscar más temas relacionados en el buscador de Xornal Galicia
|
Xornal Galicia | Diario Dixital de Galicia | Toda la Información noticias y Actualidad las 24 horas Grupo Indice de Comunicación con presencia en más de 40 paises y 24 idiomas, Noticias, actualidad, directorios, buscadores, entretenimiento todo lo que necesitas de la red Recordar este sitio · · Galicia Hoy · · Última Hora · · Concellos de Galicia
Enviar esta noticia a:
 ¿ Que e esto ?
¿ Titulares ?
Del Mundo
Noticias directas en tu Web o en tu Móvil
|
|
|
| |
 |
| |
| |
Os mesmos que mandaron a Fraga para Madrid, darán un "batacazo" ao goberno de Feijóo co próximo fracaso electoral en Galicia..
A mensaxe do pobo galego é claro. Todos os galegos temos que estar ao mesmo, superar a corrupción, amiguismos e ditaduras napoleónicas. Os lectores de Xornal Galicia sinalaron que é necesario que Núñez Feijóo teña unha visión de conxunto e unha especial sensibilidade política coas demandas cidadás. É necesario ese novo cambio dentro da Xunta de Galicia e unha maior fortaleza na xestión que xa entra, na costa das próximas eleccións, que sevirán para demostrar o primeiro "batacazo" da Xunta do PP. Os candidatos máis claros a ser relevados para darlle un aire de frescura á Xunta de Galicia, son os Secretarios Xerales, Alfonso Cabaleiro e Francisco José Vidal-Pardo y Pardo da Consellería do Mar, así como a propia Conselleira Rosa Quintana polo seu labor nefasto á fronte dos seus departamentos. Han e estan recibido moitas críticas durante o que levamos da etapa popular cos seus sectores en contra da súa propia xestión, folgas, manifestacións, Ers,s e un longo etc...Leer más [+] » Ver más información sobre la Consellería do Mar
|
|
|